Saltar al contenido

O BNG lamenta a morte de Manuel Fraga

O BNG lamenta a morte de Manuel FragaSociedad
100 %

Santiago.- O BNG lamenta a morte de Manuel Fraga e expresa as súas condolencias aos familiares e achegados do ex presidente da Xunta, así como ao Partido Popular do que era presidente de honra.

É evidente que a figura de Manuel Fraga é unha figura controvertida e é evidente tamén que non é hoxe o momento máis adecuado para facer un xuízo ponderado verbo da súa traxectoria pública, marcada pola súa participación destacada como ministro da ditadura franquista.

Manuel Fraga foi presidente do Goberno galego durante un longo período de tempo e foino pola vontade da maioría das galegas e dos galegos. Porén, o Bloque Nacionalista Galego sempre mantivo profundas discrepancias coa forma en que Manuel Fraga concebía o noso país e o seu papel no Estado español, unha visión claramente debedora das súas orixes políticas.

Dejar un comentario

Puedes cambiarlas en cualquier momento desde el pie de página.

El servidor genera también totales diarios de audiencia sin cookies ni identificadores de lector, exclusivos de Asturias Mundial. Cómo se realiza esta medición limitada.